sfRelación recíproca ou mutua entre dúas ou máis cousas ou unhas con outras.
sfMATGrao de interdependencia entre diversas variables.
LING
sfFenómeno fonolóxico segundo o que se vinculan dúas ou máis entidades fonemáticas en relación cun determinado trazo pertinente.
correlación gramaticalInterrelación que se dá entre dous ou máis elementos dunha oración: a existencia dun condiciona a do outro.
correlación temporalconsecutiotemporum.
sfLITFigura retórica de repetición que consiste na correspondencia sintáctica ou semántica entre os membros de dous ou máis conxuntos de elementos dispostos de maneira similar.
sfESTRATIGRelación entre os estratos, que pode ser litostratigráfica, baseada na composición petrográfica e na posición estratigráfica dunha unidade, e biostratigráfica, baseada na existencia de fósiles correlativos.
Citas
Dáse unha óptima correlación entre os puntos de vista de ambos os dous, Non existe ningunha correlación entre esta acción e a que levou a cabo o presidente