corredor -ra

< correr
Plural: corredores Masculino: corredor Masculino plural: corredores Feminino: corredora Feminino plural: corredoras
    1. adx Que corre.
    2. s Persoa que toma parte nunha carreira.
    1. s ECON Persoa que fai de intermediaria en operacións mercantís polo que percibe unha comisión ou retribución.
    2. s p ext HIST Pregoeiro oficial dun municipio ou doutra administración pública encargado da comunicación ou difusión de avisos e disposicións.
    3. corredor de bolsa ECON Axente encargado da mediación nas operacións do mercado de valores por conta dun particular.
    4. corredor de cambios HIST Axente encargado de solicitar letras ou diñeiro prestado, e que axusta os cambios de interese.
    5. corredor de comercio DER Axente mediador encargado da promoción e intervención de contratos mercantís entre as partes, dando fe dos mesmos na súa condición de feudatario público colexiado.
    6. corredor de mercadorías ou de lonxa HIST Corredor encargado de asistir aos mercadores na distribución do seu xénero, solicitando compradores.
    7. corredor de seguros DER Persoa física ou xurídica que realiza a actividade mercantil de mediación en seguros privados, sen manter vínculos que supoñan afección con entidades aseguradoras, ofrecendo asesoramento imparcial a quen pretende contratar un seguro.
    8. corredor intérprete de buques DER Axente colexiado que actúa no comercio marítimo, exercendo de feudatario público nos contratos nos que intervén.
  1. s m
    1. Paso no interior dunha edificación, que comunica distintos compartimentos.
    2. Parte da casa constituída por unha estrutura de madeira disposta de forma horizontal e un chan de táboas ou lousas de xisto fixadas sobre un entramado que se sitúa ao longo da fachada principal.
    3. MAR Parte lateral da cuberta dunha embarcación que permite pasar de proa a popa polos lados da caseta.
    4. ARQUEOL Pasaxe estreita que conduce á cámara ou anta megalítica.
  2. s m XEOG Franxa de territorio dun estado interior que atravesa o territorio doutro para servirlle de acceso a un porto marítimo.
  3. s m ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos glareólidos, que presenta unha plumaxe amarela pálida, pernas longas de cor crema, peteiro curto, aguzado e curvado cara a abaixo e cunha liña superciliar branca e outra negra desde o ollo ata o cocote.

Confrontacións

Citas

  • Aposto por ese cabalo porque é moi corredor
  • Deitouse a tomar o sol no corredor do barco
  • Os corredores inscritos deben presentarse no pavillón antes da carreira
  • Pasa o tempo lendo no corredor polas mañás
  • Pasoulle unha capa de verniz ao corredor que dá aos cuartos