corredoiro

< correr
Plural: corredoiros
  1. s m Camiño estreito e máis fondo ca o terreo que o rodea.
  2. s m Parte do eixe do carro en forma de rebaixe que permite o xiro entre as treitoiras.
  3. domingo corredoiro ETN Domingo anterior ao de Entroido no que, tradicionalmente, se fai a corrida do galo.

Citas

  • Camiñaron polo corredoiro ata que chegaron ao monte