corga

< corgo
Plural: corgas
  1. s f Camiño ou terreo que presentan unha pendente moi pronunciada.
  2. s f Canle pola que baixa unha corrente de auga.
  3. s f Camiño estreito e fondo, que discorre entre valos altos.

Citas

  • Coa tromba de auga que caeu formouse unha corga moi grande
  • Foi alindar as vacas á corga porque tiña moita herba, Ao chegar á cima da corga non alentaba
  • Nos días de xeada fórmase carambelo nas corgas
  • O tractor embazou na corga porque cargaran moi ancho
  • Outeaban dende a corga o que pasaba

Palabras veciñas