cordón

< fr cordon
Plural: cordóns
  1. s m
    1. Corda delgada que se emprega como adorno ou para atar certas cousas.
    2. Corda que levan cinguida á cintura os frades dalgunhas ordes relixiosas.
    3. Corda de ouro ou prata a xeito de banda que forma parte dalgúns uniformes ou constitúe unha condecoración.
  2. s m Conxunto de persoas colocadas ao longo dunha liña para impedir o paso.
  3. s m TECNOL Cable constituído por un ou máis condutores flexibles, illados e protexidos por unha funda tamén flexible.
  4. s m ARQUIT Moldura decorativa en forma de toro ou bocel, lisa ou acanalada, que ten un desenvolvemento en espiral semellante a unha corda.
  5. cordón espermático ZOOL Conxunto formado polo conduto deferente, as arterias espermática, funicular e deferencial, as veas testiculares, os vasos linfáticos e os nervios do testículo.
  6. cordón litoral XEOG Acumulación de areas grosas, coios e lama dispostos paralelamente na liña da costa.
  7. cordón medular ZOOL Cada unha das tres columnas de substancia branca da medula espiñal.
  8. cordón umbilical ZOOL Cordón flexible que une o embigo do feto coa placenta da nai e que está constituído basicamente polas dúas arterias umbilicais e pola vea umbilical.
  9. cordón sanitario MED Conxunto de medidas hixiénicas e sanitarias que se aplican nunha rexión determinada para delimitar a extensión dunha epidemia e impedir que se transmita ao exterior.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • Aínda que era moi cativa xa sabía atar os cordóns dos zapatos
  • O cordón do frade tiña uns fermosos adornos nos dous extremos
  • Un cordón policial impedía cruzar a praza