Corda delgada que se emprega como adorno ou para atar certas cousas.
Corda que levan cinguida á cintura os frades dalgunhas ordes relixiosas.
Corda de ouro ou prata a xeito de banda que forma parte dalgúns uniformes ou constitúe unha condecoración.
smConxunto de persoas colocadas ao longo dunha liña para impedir o paso.
smTECNOLCable constituído por un ou máis condutores flexibles, illados e protexidos por unha funda tamén flexible.
smARQUITMoldura decorativa en forma de toro ou bocel, lisa ou acanalada, que ten un desenvolvemento en espiral semellante a unha corda.
cordón espermáticoZOOLConxunto formado polo conduto deferente, as arterias espermática, funicular e deferencial, as veas testiculares, os vasos linfáticos e os nervios do testículo.
cordón litoralXEOGAcumulación de areas grosas, coios e lama dispostos paralelamente na liña da costa.
cordón medularZOOLCada unha das tres columnas de substancia branca da medula espiñal.
cordón umbilicalZOOLCordón flexible que une o embigo do feto coa placenta da nai e que está constituído basicamente polas dúas arterias umbilicais e pola vea umbilical.
cordón sanitarioMEDConxunto de medidas hixiénicas e sanitarias que se aplican nunha rexión determinada para delimitar a extensión dunha epidemia e impedir que se transmita ao exterior.