cor

< lat colōre
Plural: cores
  1. FÍS/QUÍM
    1. s f Calidade da sensación producida nun observador polo efecto distinto que provocan na retina as luces de diferentes lonxitudes de onda, comprendida entre uns 380 e uns 760 nm no caso do ollo humano.
    2. cor adxectiva Cor que necesita doutras substancias para fixarse sobre os tecidos.
    3. cor binaria/secundaria Cor que resulta da mestura de dúas cores primarias.
    4. cor cálida/saínte Cada unha das cores que van do amarelo ao vermello, que se caracterizan por expandir a luz.
    5. cor complementaria Cor que, mesturada de forma aditiva e na proporción adecuada con outra, dá como resultado a cor branca.
    6. cor espectral Cor do espectro solar visible.
    7. cor fría/entrante Cor que vai desde o verde ata o violeta que se caracterizan por absorber a luz e suxerir profundidade.
    8. cor primaria Cor (azul, amarelo e vermello) tomada como patrón e da que se pode obter calquera outra por mestura aditiva nas proporcións axeitadas.
  2. s f Cada unha das impresións diferentes que recibe o sentido da vista.
  3. s f Coloración da cara que reflicte o estado físico da persoa.
  4. s f Elemento que engade unha determinada calidade ou maior interese ás cousas.
  5. s f FÍS Carga dos quarks que representa, na interacción forte, un papel análogo ao que fai a carga eléctrica na interacción electromagnética.
  6. s f QUÍM Preparación que se utiliza para pintar ou tinguir calquera materia.
  7. cor litúrxica RELIX Cor dos adornos litúrxicos (branco, vermello, verde, morado, negro e azul) segundo os ciclos, as festas do ano litúrxico ou o carácter da celebración.

Sinónimos

Citas

  • Ese asunto dos narcotraficantes non ten moi boa cor
  • Gústame a cor vermella desa saia
  • O seu amigo ten cor amarela, parece que está enfermo
  • Os mobles que mercaron déronlle unha nova cor ao local