sfCalidade da sensación producida nun observador polo efecto distinto que provocan na retina as luces de diferentes lonxitudes de onda, comprendida entre uns 380 e uns 760 nm no caso do ollo humano.
cor adxectivaCor que necesita doutras substancias para fixarse sobre os tecidos.
cor binaria/secundariaCor que resulta da mestura de dúas cores primarias.
cor cálida/saínteCada unha das cores que van do amarelo ao vermello, que se caracterizan por expandir a luz.
cor complementariaCor que, mesturada de forma aditiva e na proporción adecuada con outra, dá como resultado a cor branca.
cor espectralCor do espectro solar visible.
cor fría/entranteCor que vai desde o verde ata o violeta que se caracterizan por absorber a luz e suxerir profundidade.
cor primariaCor (azul, amarelo e vermello) tomada como patrón e da que se pode obter calquera outra por mestura aditiva nas proporcións axeitadas.
sfCada unha das impresións diferentes que recibe o sentido da vista.
sfColoración da cara que reflicte o estado físico da persoa.
sfElemento que engade unha determinada calidade ou maior interese ás cousas.
sfFÍSCarga dos quarks que representa, na interacción forte, un papel análogo ao que fai a carga eléctrica na interacción electromagnética.
sfQUÍMPreparación que se utiliza para pintar ou tinguir calquera materia.
cor litúrxicaRELIXCor dos adornos litúrxicos (branco, vermello, verde, morado, negro e azul) segundo os ciclos, as festas do ano litúrxico ou o carácter da celebración.