adxRelativo ou pertencente aos coptos ou á lingua copta.
sIndividuo da comunidade copta.
sm plETNComunidade minoritaria de Exipto, caracterizada orixinariamente pola práctica do cristianismo monofisita pero, coa lenta adopción da relixión musulmá, pasou a denominar os cristiáns exipcios.
smLINGLingua camítica derivada do antigo exipcio. Posúe un alfabeto propio. Segundo os documentos escritos coñecidos, divídese en distintos dialectos, correspondentes ás diferentes rexións de Exipto. A comunidade cristiá copta fala árabe e o uso da lingua copta é unicamente ritual.
alfabeto copto ESCRESCRAlfabeto propio da lingua copta que adoptou o alfabeto grego e mais algunhas letras deformadas da escritura demótica.
igrexa coptaRELIXIgrexa autóctona de Exipto, herdeira da tradición que tivo como centro Alexandría e constituída formalmente tras o Concilio de Calcedonia (451).