copto -ta

< gr ἀ έγυπτος ‘Exipto’
Pliral: coptos Masculino: copto Masculino plural: coptos Femenino: copta Femenino plural: coptas
  1. adx Relativo ou pertencente aos coptos ou á lingua copta.
  2. s Individuo da comunidade copta.
  3. s m pl ETN Comunidade minoritaria de Exipto, caracterizada orixinariamente pola práctica do cristianismo monofisita pero, coa lenta adopción da relixión musulmá, pasou a denominar os cristiáns exipcios.
    1. s m LING Lingua camítica derivada do antigo exipcio. Posúe un alfabeto propio. Segundo os documentos escritos coñecidos, divídese en distintos dialectos, correspondentes ás diferentes rexións de Exipto. A comunidade cristiá copta fala árabe e o uso da lingua copta é unicamente ritual.
    2. alfabeto copto ESCR ESCR Alfabeto propio da lingua copta que adoptou o alfabeto grego e mais algunhas letras deformadas da escritura demótica.
    3. igrexa copta RELIX Igrexa autóctona de Exipto, herdeira da tradición que tivo como centro Alexandría e constituída formalmente tras o Concilio de Calcedonia (451).