coñecer

< lat cognoscĕre
  1. v t Formar ou ter na mente unha idea de algo. Tm abs.
  2. v t Dominar unha materia ou unha cousa determinada como para facer uso dela.
  3. v t Saber que é ou como é alguén ou algo porque se ten visto ou se oíu falar del.
  4. v t Estar relacionado cunha persoa ou tratar con ela.
  5. v t Estar informado de algo.
  6. v pron Apreciarse nalgunha cousa un efecto positivo ou negativo doutra.
  7. v pron Ser algo evidente.

Antónimos

Citas

  • A Pepe coñéceno normalmente polo Furafollas
  • Coñece moi ben todos os lugares de moda da cidade de París, Coñecemos Tenerife da viaxe que fixeramos en outubro
  • Coñéceo de velo, pero nunca falou persoalmente con el, Non coñezo a persoa á que te refires
  • Coñécese que non o atopou e decidiu dar volta
  • Coñéceselles ben aos ovos que lles botas penso ás galiñas
  • Coñecinte de lonxe polo andar, Coñece moi ben os viños da rexión
  • Coñezo moi ben o asunto que saíu na prensa estes días
  • Non coñezo moito o seu fillo, pero si o seu pai
  • O carpinteiro que me recomendaches coñece moi ben o seu oficio
  • O home coñece o medio que o rodea, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento e adquire valor absoluto, O home coñece desde que nace
  • O meu avó coñeceu a fame na súa infancia
Verbo: coñecer
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

coñezo

coñeces

coñece

coñecemos

coñecedes

coñecen

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

coñecía

coñecías

coñecía

coñeciamos

coñeciades

coñecían

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

coñecín

coñeciches

coñeceu

coñecemos

coñecestes

coñeceron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

coñecera

coñeceras

coñecera

coñeceramos

coñecerades

coñeceran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

coñecerei

coñecerás

coñecerá

coñeceremos

coñeceredes

coñecerán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

coñecería

coñecerías

coñecería

coñeceriamos

coñeceriades

coñecerían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

coñeza

coñezas

coñeza

coñezamos

coñezades

coñezan

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

coñecese

coñeceses

coñecese

coñecesemos

coñecesedes

coñecesen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

coñecer

coñeceres

coñecer

coñecermos

coñecerdes

coñeceren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

coñece

-

-

coñecede

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

coñecer

coñeceres

coñecer

coñecermos

coñecerdes

coñeceren

Xerundio

coñecendo

Participio

coñecido

coñecida

coñecidos

coñecidas