contrato

< lat contractu
Plural: contratos
  1. DER
    1. s m Acordo de vontades dirixido á regulación dunha determinada situación xurídica que se constitúe como un negocio xurídico de natureza patrimonial.
    2. s m Conxunto normativo ao que as partes contratantes suxeitan a súa conduta para alcanzar os obxectivos ou resultados que se propugnaron ao facer o contrato.
    3. contrato aleatorio Contrato en que unha das partes, ou ambas as dúas de xeito recíproco, se obrigan a dar algunha cousa en equivalencia do que a outra vai facer en caso dun acontecemento incerto ou cando ocorra nun tempo indeterminado.
    4. contrato consensual Contrato que se perfecciona polo mero consentimento e sen ningún requisito de forma especial.
    5. contrato de adhesión Contrato en que o seu contido é prerredactado por unha das partes para unha pluralidade de contratos.
    6. contrato de traballo Negocio xurídico bilateral que ten por finalidade a creación dunha relación xurídica laboral.
    7. contrato mercantil Contrato en que se concerta a realización dalgún dos actos de comercio ou das formas do contrato de empresa.
  2. s m Documento en que se recolle o acordo contractual.
  3. s m LIT Relación establecida entre dous suxeitos e os termos en que se produce o seu acordo, segundo Algirdas Julien Greimas.
  4. contrato social FILOS/POLÍT Teoría que trata de explicar a orixe das institucións sociais na historia como resultado dun pacto ou acordo de vontades implícito entre os individuos, e entre estes e a comunidade.

Citas

  • Rachou o contrato diante dos membros da empresa

Refráns

  • Trato e contrato enchen o prato.