smAcordo de vontades dirixido á regulación dunha determinada situación xurídica que se constitúe como un negocio xurídico de natureza patrimonial.
smConxunto normativo ao que as partes contratantes suxeitan a súa conduta para alcanzar os obxectivos ou resultados que se propugnaron ao facer o contrato.
contrato aleatorioContrato en que unha das partes, ou ambas as dúas de xeito recíproco, se obrigan a dar algunha cousa en equivalencia do que a outra vai facer en caso dun acontecemento incerto ou cando ocorra nun tempo indeterminado.
contrato consensualContrato que se perfecciona polo mero consentimento e sen ningún requisito de forma especial.
contrato de adhesiónContrato en que o seu contido é prerredactado por unha das partes para unha pluralidade de contratos.
contrato de traballoNegocio xurídico bilateral que ten por finalidade a creación dunha relación xurídica laboral.
contrato mercantilContrato en que se concerta a realización dalgún dos actos de comercio ou das formas do contrato de empresa.
smDocumento en que se recolle o acordo contractual.
smLITRelación establecida entre dous suxeitos e os termos en que se produce o seu acordo, segundo Algirdas Julien Greimas.
contrato socialFILOS/POLÍTTeoría que trata de explicar a orixe das institucións sociais na historia como resultado dun pacto ou acordo de vontades implícito entre os individuos, e entre estes e a comunidade.