contaminación

< lat contaminatĭōne
Plural: contaminacións
  1. s f Acción e efecto de contaminar ou contaminarse.
  2. ECOL
    1. s f Modificación das condicións dun medio por mor da inclusión de axentes biolóxicos, químicos e físicos novos.
    2. contaminación acústica Perturbación do ambiente sonoro normal, orixinada por ruídos.
    3. contaminación atmosférica Cambio na composición do aire atmosférico que é máis ou menos constante en todo o planeta e que nun 99% corresponde a unha mestura de osíxeno e nitróxeno.
    4. contaminación biolóxica Conxunto de cambios nun ecosistema debidos á aparición de formas de vida alóctonas.
    5. contaminación das augas Alteración do equilibrio dos ecosistemas acuáticos, con perturbación do seu ciclo natural polo ser humano, orixinada polo emprego abusivo da auga como vehículo de restos e residuos ocasionados pola actividade humana. 6
  3. s f LING Tipo de formación de palabras en que se mesturan ou combinan entre si dúas ou máis unidades lingüísticas para formar unha nova unidade.
  4. s f Introdución indesexable dun elemento, chamado contaminante, nunha aliaxe, de xeito que modifica negativamente as súas propiedades.