contabilidade

< contable
Plural: contabilidades
  1. s f Actividade que consiste en levar as contas dunha xestión, dun negocio, da administración dunha empresa ou doutra entidade.
  2. s f Conxunto de contas dunha empresa, sociedade ou organismo público, levadas segundo un plan.
  3. s f ECON Rama particular da economía formada por un conxunto de postulados, proposicións e leis que teñen por obxecto a captación, a representación e a medida do patrimonio.

Refráns

  • A conta é conta.
  • Boa conta, mala conta: todo é conta.
  • Cando chega a hora de contar, chega a de chorar.
  • No apuntar vai a ganancia.
  • Ó ve-la conta, xa me di redes se é boa.
  • Vale máis libros de conta que conta de libros.