sfCálculo dunha cantidade mediante operacións matemáticas.
ECON
sfRelación de cantidades que reflicten unha actividade mercantil ou doutro tipo na que hai ingresos e gastos.
conta bancariaConta aberta entre un banco e os seus clientes en que se reflicte a situación acredora ou debedora.
conta correnteModalidade de depósito que se caracteriza pola liquidez inmediata e a rapidez das operacións.
conta de créditoModalidade de depósito que se caracteriza por permitir o seu descuberto no saldo.
sfCantidade que se debe ou que hai que cobrar.
sfAsunto que incumbe a dúas ou máis persoas, especialmente cando está pendente de resolución.
sfExplicación dalgunha cousa que se levou a cabo.
COMUN
sfCliente ou anunciante no ámbito da publicidade.
departamento de contasGrupo de persoas que se ocupan do servizo ao anunciante e da coordinación de todos os traballos que se realizan para este nunha axencia de publicidade.
conta xuradaDERProcedemento privilexiado a disposición dos procuradores e avogados para que poidan facer efectivos os seus honorarios profesionais fronte aos seus clientes na representación ou defensa nun litixio.
conta atrásEnumeración do tempo que queda para comezar unha cousa programada contando ao revés ata chegar a cero.