conivencia

< lat conniventĭa
Plural: conivencias
  1. s f Complicidade moral que consiste en finxir ignorancia sobre a falta de alguén.
  2. s f p ext Acordo entre persoas para executar un delito ou algunha astucia.

Citas

  • A conivencia do inspector era ben coñecida, pero nunca se atoparon probas
  • Para facerlle a broma necesitamos a conivencia de todos os compañeiros