conglomerado -da

< conglomerar
Plural: conglomerados Masculino: conglomerado Masculino plural: conglomerados Feminino: conglomerada Feminino plural: conglomeradas
  1. p reg conglomerar.
  2. s m XEOL Rocha sedimentaria detrítica constituída por fragmentos que teñen a súa orixe noutras rochas preexistentes, arrincados pola acción dos axentes erosivos e, posteriormente, sedimentados.
  3. s m Masa formada por fragmentos de diversos minerais e rochas, cimentadas por algunha substancia aglomerante natural ou artificial.
  4. s m fig Conxunto informe de cousas inmateriais.

Citas

  • Na súa exposición realizou tal conglomerado de ideas que os asistentes ao curso non lograron entendelo