confrontación

< confrontar
Plural: confrontacións
  1. s f Acción de confrontar.
  2. s f MED Investigación da compatibilidade entre elementos orgánicos, procedentes de individuos diferentes, mediante técnicas baseadas no feito de poñelos en contacto.
  3. confrontación de letras DER Proba pericial que consiste en recoñecer ou negar a autenticidade dun documento privado presentado en xuízo ou as sinaturas que nel figuran.
  4. confrontación de testemuñas DER Exame simultáneo en instancias xudiciais de dúas testemuñas para descubrir a posible contradición entre elas.

Confrontacións

Citas

  • A confrontación das diferentes opinións revelou os distintos intereses das partes