confraría

< confrade
Plural: confrarías
    1. s f Agrupación de persoas que teñen o mesmo oficio e que se unen en defensa dos seus intereses profesionais ou que comparten a mesma ideoloxía.
    2. confraría de pescadores / DER/HIST Corporación de dereito público que actúa como órgano de consulta e colaboración coa administración pública sobre temas de interese xeral, referentes á actividade extractiva pesqueira e á súa comercialización, especialmente nos sectores artesanais e de baixura.
    3. confraría sindical de pescadores / DER/MAR Unidade de carácter asociativo e sindical, dependente do Instituto Social da Mariña, que integra os produtores de actividades orixinarias e derivadas do exercicio da pesca.
  1. s f RELIX Asociación de fieis constituída para o exercicio de obras de piedade e de caridade, e para incrementar o culto público do seu santo patrón.

Confrontacións

Citas

  • A confraría de artesáns organizou unha exposición das súas obras
  • Os membros da confraría celebraron a novena da Inmaculada

Formas incorrectas

cofradía