conferencia

< lat conferentĭa
Plural: conferencias
    1. conferencia eclesiástica / DER/RELIX Reunión do clero dunha circunscrición eclesiástica que posteriormente se substituíu por xornadas ou semanas de estudo.
    2. conferencia episcopal / DER/RELIX Reunión do episcopado dun estado ou dunha rexión eclesiástica e do correspondente organismo de coordinación.
    3. conferencia internacional POLÍT Reunión diplomática convocada por un estado ou por unha organización internacional para tratar temas de interese común ou para negociar a conclusión dun tratado.
    4. s f Asemblea ou reunión de varias persoas para tratar cuestións políticas, científicas, sociais ou outras, especialmente cando os participantes representan un determinado país.
  1. s f Discurso en que se tratan en público diferentes temas.
  2. s f Comunicación telefónica interurbana ou internacional.
  3. conferencia de prensa Reunión en que unha ou diversas persoas responden ás preguntas que lles fan os xornalistas.

Confrontacións

Citas

  • A súa conferencia tratou a obra do científico exiliado, O profesor visitante deulles unha conferencia aos alumnos de primeiro de filoloxía
  • Celebrouse unha conferencia na que se tentaron solucionar os problemas do medio ambiente
  • Pagou moito de teléfono polas conferencias que fixo