condición

< lat conditĭōne
Plural: condicións
  1. s f
    1. Calidade ou circunstancia necesaria para que se dea un feito determinado.
    2. DER Determinación que se inclúe nun negocio xurídico pola que se subordinan os efectos dun negocio, na súa totalidade ou nalgunha das súas cláusulas, ao cumprimento dun acontecemento incerto.
    3. FILOS Circunstancia necesaria para a produción dun fenómeno pero que, a diferenza da causa, non intervén nesta positivamente.
    4. FILOS Antecedente dun xuízo hipotético.
  2. s f Calidade propia dun ser ou dunha cousa por natureza.
  3. s f Posición que ocupa unha persoa na xerarquía social.
  4. s f Estado ou circunstancia en que se atopa unha persoa ou unha cousa.
  5. s f DER
    1. Estipulación que pactan as partes nun contrato.
    2. Cláusula obrigatoria do cumprimento da que depende a validez dun acto.
  6. MAT
    1. s f Presuposto que se ten que cumprir para que sexa certa unha proposición.
    2. condicións de contorno Condicións que cómpre impoñer á solución xeral dunha ecuación diferencial para que tome uns determinados valores en puntos ou zonas concretas do dominio de valores da variable independente.
    3. condicións iniciais Condicións que cómpre impoñer á solución xeral dunha ecuación diferencial a fin de que tome, ela e as súas derivadas, uns determinados valores para un valor especificado da variable independente.
  7. condicións normais FÍS Situación dun sistema sometido a unha presión de 760 mm de Hg e a unha temperatura de 0°C.

Sinónimos

Citas

  • As condicións que puxo para entrar na cooperativa non son razoables
  • É fácil intimar con el porque é de condición nobre
  • É un home de condición
  • Métese en continuas leas pola súa condición violenta
  • Non me atopo en óptimas condicións para afrontar esta empresa, Vive nunhas condicións infrahumanas, A súa condición laboral non lle permite ter vacacións, Este coche non está en boas condicións
  • O príncipe protagonizou un matrimonio morganático ao casar cunha muller de baixa condición, Os escravos e mais os homes libres son de distinta condición
  • Posúe moi boas condicións para o estudio