concreto -ta

Plural: concretos Masculino: concreto Masculino plural: concretos Feminino: concreta Feminino plural: concretas
  1. adx
    1. Que ten existencia real e se percibe polos sentidos.
    2. FILOS Que designa un suxeito real e non unha calidade ou relación nela mesma.
  2. adx Que se coñece ou expresa de forma exacta, sen vacilacións de ningún tipo.
  3. adx Que se forma pola unión de partículas nunha masa máis ou menos sólida (por oposición a fluído).
  4. arte concreta ARTE Arte abstracta, segundo Theo van Doesburg no manifesto Art Concret (1930), que xurdiu como reacción á fundación domovemento artístico Cercle et Carré, malia estar vinculada a eles nun comezo.
  5. música concreta MÚS Música que se basea no emprego de sons e ruídos que poden reproducirse de diversas formas e que configuran unha peza musical. Principiouna Pierre Schaeffer no estudo da radio francesa en 1948.
  6. poesía concreta LIT Poesía que renuncia á sintaxe usual e iguala os valores semántico e gráfico da imaxe e inclúe, ademais, unha variedade de experimentos poéticos de tipo visual, fonético e cinético. OBS: Tamén se denomina poesía experimental, visual ou fonética.

Frases feitas

  • En concreto loc adv De forma precisa. Ex: