Que ten existencia real e se percibe polos sentidos.
FILOSQue designa un suxeito real e non unha calidade ou relación nela mesma.
adxQue se coñece ou expresa de forma exacta, sen vacilacións de ningún tipo.
adxQue se forma pola unión de partículas nunha masa máis ou menos sólida (por oposición a fluído).
arte concretaARTEArte abstracta, segundo Theo van Doesburg no manifesto ArtConcret (1930), que xurdiu como reacción á fundación domovemento artístico CercleetCarré, malia estar vinculada a eles nun comezo.
música concretaMÚSMúsica que se basea no emprego de sons e ruídos que poden reproducirse de diversas formas e que configuran unha peza musical. Principiouna Pierre Schaeffer no estudo da radio francesa en 1948.
poesía concretaLITPoesía que renuncia á sintaxe usual e iguala os valores semántico e gráfico da imaxe e inclúe, ademais, unha variedade de experimentos poéticos de tipo visual, fonético e cinético. OBS: Tamén se denomina poesíaexperimental, visual ou fonética.