concentración

< concentrar
Plural: concentracións
  1. s f Acción e efecto de concentrar ou concentrarse.
  2. s f Agrupamento de persoas nun lugar coa finalidade de manifestarse.
  3. s f QUÍM
    1. Proceso mediante o que se incrementa a cantidade dunha substancia que existe nun volume de espazo.
    2. Cantidade dunha substancia nunha unidade de mestura, solución ou mineral que a contén.
  4. s f XEOG Proporción, en relación co espazo circundante, dun fenómeno determinado e cuantificable rexistrado nun territorio concreto.
  5. concentración biolóxica ECOL Acumulación nun organismo vivo ou na cadea trófica de concentracións elevadas dun composto químico que está presente no medio dunha concentración relativamente baixa.
  6. concentración de capital ECON Fenómeno característico do capitalismo que define unha das súas primeiras etapas de desenvolvemento, iniciada na Idade Media.
  7. concentración de poderes POLÍT Acumulación dos tres poderes (lexislativo, executivo e xudicial) nun poder único, propia de réximes totalitarios.
  8. concentración empresarial ECON Proceso xurídico a través do que se fusionan as actividades de dúas ou máis empresas, con perda da personalidade xurídica dalgunha delas.
  9. concentración escolar EDUC Entidade educativa que reúne diversas unidades escolares dispersas co obxectivo de completar a educación obrigatoria.
  10. concentración industrial ECON Agrupamento nun mesmo establecemento dos diferentes procesos de fabricación.
  11. concentración límite/permisible ECOL Cantidade máxima dun contaminante que pode tolerar un organismo sen que lle resulte nocivo.
  12. concentración migratoria ECOL Concentración nunha área concreta de gran variedade de especies migratorias como resultado da confluencia de direccións migratorias distintas.
  13. concentración mínima inhibitoria MICROB Concentración mínima de antibiótico necesaria para frear o crecemento dun cultivo bacteriano.
  14. concentración parcelaria XEOG Instrumento de reforma agraria técnica, consistente en agrupar no menor número posible de parcelas todas as propiedades rústicas que posúe un propietario nun territorio concreto.

Antónimos

Citas

  • A concentración de tantos cartos nunha soa conta puxo en alerta á policía xudicial
  • A concentración dos traballadores rematou de forma violenta
  • Para realizar ben este traballo é necesario un alto grao de concentración
  • Produciuse unha concentración de forzas na capital fieis ao presidente