dispersión

< lat dispersĭōne
Plural: dispersións
  1. s f Acción e efecto de dispersar ou dispersarse.
  2. s f Condición de disperso.
  3. s f MAT Desviación dun conxunto de valores respecto dun valor central, xeralmente o valor medio que se mide mediante a desviación media, a desviación típica e a variación.
  4. s f FÍS Proceso mediante o que ten lugar un cambio nas constantes físicas, ou mesmo da natureza, dunha onda ou dun feixe de partículas que atravesan un medio, a causa da interacción coas partículas deste.
  5. s f FÍS Fenómeno que consiste no feito de que unha parte do fluxo magnético dunha máquina eléctrica, se desvía do circuíto magnético, e se pecha a través do aire, co que se reduce o fluxo útil.
  6. s f FÍS ariación do índice de refracción dunha substancia ao cambiar a frecuencia da luz incidente.
  7. s f QUÍM Sistema heteroxéneo formado por dúas ou máis fases, en que a fase dispersa está en suspensión no medio da fase dispersante.
  8. dispersión de tiro BÉL Distribución, arredor do obxectivo de tiro, dos impactos que producen os proxectís disparados por unha peza de artillaría, sen variar os datos da puntaría e coa mesma carga de proxección.

Citas

  • As autoridades ordenaron a dispersión da manifestación