sfSOCIOLGrupo social caracterizado por un vínculo territorial e de convivencia ou por unha afinidade de intereses e de conviccións ideolóxicas, sociais, políticas ou relixiosas.
sfRELIXMembros dunha igrexa particular que pertencen a unha orde determinada e viven nun convento.
sfHISTUnión, baixo un réxime administrativo común, dunha cidade ou vila coas poboacións situadas no seu termo.
comunidade autónomaADMEntidade dotada de autonomía política na que se constitúen as nacionalidades e rexións de España para o exercicio do dereito de autogoberno que lles recoñece a Constitución de 1978.
comunidade científicaGrupo de investigadores e científicos de calquera disciplina ou especialidade ou dun determinado ámbito xeográfico.
comunidade de bensDERPropiedade ou dominio dunha cousa ou dereito, compartida entre diversas persoas.
comunidade de bensDERForma de organización do patrimonio da sociedade conxugal, que se caracteriza por agrupar nunha masa común todos ou unha parte dos bens e propiedades dos cónxuxes de modo que as rendas se destinen a soportar os gastos do matrimonio.
comunidade de montesForma de organización dos montes veciñais en mancomún de Galicia.
comunidade de pastosDERSituación de copropiedade respecto aos pastos dos terreos de varios propietarios de fincas rústicas.
comunidade de propietariosDERSituación de copropiedade respecto a un ben moble ou inmoble, que se caracteriza pola existencia dunha pluralidade de persoas en relación á propiedade do obxecto. Os copropietarios teñen dereito a dispor da súa parte, que poden vender ou hipotecar.
comunidade de regantesDERCorporación de dereito público que, baixo tutela administrativa, exerce a administración das augas públicas para rego.
comunidade educativaEDUCConxunto formado por todos os axentes e colaboradores do proceso educativo, especialmente referido aos pais, profesores e alumnos.
comunidade internacionalDERUnión libre dos estados e demais suxeitos de dereito internacional baseada na idea de solidariedade e que intenta resolver por medios pacíficos os conflitos de intereses internacionais.
comunidade linguísticaLINGGrupo social no que os seus membros teñen consciencia de usar e relacionarse co mesmo sistema lingüístico.
comunidade terapéuticaMEDUnidade hospitalaria na que o enfermo se converte en parte activa da comunidade, polo que intervén en tarefas de organización asistencial.
sfECOLConxunto de organismos de especies diferentes que habitan un contorno común e interaccionan mutuamente.