comunidade

< lat communitāte
Pliral: comunidades
  1. s f Calidade do que se posúe entre varios.
  2. s f Reunión dos que viven en común.
    1. s f SOCIOL Grupo social caracterizado por un vínculo territorial e de convivencia ou por unha afinidade de intereses e de conviccións ideolóxicas, sociais, políticas ou relixiosas.
    2. s f RELIX Membros dunha igrexa particular que pertencen a unha orde determinada e viven nun convento.
    3. s f HIST Unión, baixo un réxime administrativo común, dunha cidade ou vila coas poboacións situadas no seu termo.
    4. comunidade autónoma ADM Entidade dotada de autonomía política na que se constitúen as nacionalidades e rexións de España para o exercicio do dereito de autogoberno que lles recoñece a Constitución de 1978.
    5. comunidade científica Grupo de investigadores e científicos de calquera disciplina ou especialidade ou dun determinado ámbito xeográfico.
    6. comunidade de bens DER Propiedade ou dominio dunha cousa ou dereito, compartida entre diversas persoas.
    7. comunidade de bens DER Forma de organización do patrimonio da sociedade conxugal, que se caracteriza por agrupar nunha masa común todos ou unha parte dos bens e propiedades dos cónxuxes de modo que as rendas se destinen a soportar os gastos do matrimonio.
    8. comunidade de montes Forma de organización dos montes veciñais en mancomún de Galicia.
    9. comunidade de pastos DER Situación de copropiedade respecto aos pastos dos terreos de varios propietarios de fincas rústicas.
    10. comunidade de propietarios DER Situación de copropiedade respecto a un ben moble ou inmoble, que se caracteriza pola existencia dunha pluralidade de persoas en relación á propiedade do obxecto. Os copropietarios teñen dereito a dispor da súa parte, que poden vender ou hipotecar.
    11. comunidade de regantes DER Corporación de dereito público que, baixo tutela administrativa, exerce a administración das augas públicas para rego.
    12. comunidade educativa EDUC Conxunto formado por todos os axentes e colaboradores do proceso educativo, especialmente referido aos pais, profesores e alumnos.
    13. comunidade internacional DER Unión libre dos estados e demais suxeitos de dereito internacional baseada na idea de solidariedade e que intenta resolver por medios pacíficos os conflitos de intereses internacionais.
    14. comunidade linguística LING Grupo social no que os seus membros teñen consciencia de usar e relacionarse co mesmo sistema lingüístico.
    15. comunidade terapéutica MED Unidade hospitalaria na que o enfermo se converte en parte activa da comunidade, polo que intervén en tarefas de organización asistencial.
  3. s f ECOL Conxunto de organismos de especies diferentes que habitan un contorno común e interaccionan mutuamente.

Sinónimos

Citas

  • A superiora da comunidade de monxas estableceu o horario de visitas do convento
  • As obras fixéronse pensando en toda a comunidade de veciños
  • Hai que traballar polo ben da comunidade
  • Os dous teñen a mesma comunidade de ideas