smInstrumento de orientación baseado nas propiedades dos imáns e que se emprega esencialmente para determinar direccións horizontais, a partir da dirección aproximada norte-sur.
smTipo de galvanómetro que ten como órgano móbil un compás colocado no centro dunha bobina, disposta no plano do meridiano magnético.
compás topográficoGoniómetro especial que permite a visión do círculo graduado.
smInstrumento para trazar arcos de circunferencia e tamén para medir distancias.
smMÚS
Cada un dos períodos de tempos iguais nos que se marca o ritmo dunha frase musical.
Ritmo ou cadencia dunha obra musical.
Movemento da man co que se marca cada un dos períodos musicais.
smMEDInstrumento de medida utilizado en diversas exploracións médicas, especialmente nos diámetros pelvianos e craniais.
levar o compásMÚS
Axustarse ao compás.
Marcar co brazo uns movementos correspondentes aos tempos dun compás.