compás

< compasar
Plural: compáses
  1. METROL
    1. s m Instrumento de orientación baseado nas propiedades dos imáns e que se emprega esencialmente para determinar direccións horizontais, a partir da dirección aproximada norte-sur.
    2. s m Tipo de galvanómetro que ten como órgano móbil un compás colocado no centro dunha bobina, disposta no plano do meridiano magnético.
    3. compás topográfico Goniómetro especial que permite a visión do círculo graduado.
  2. s m Instrumento para trazar arcos de circunferencia e tamén para medir distancias.
  3. s m MÚS
    1. Cada un dos períodos de tempos iguais nos que se marca o ritmo dunha frase musical.
    2. Ritmo ou cadencia dunha obra musical.
    3. Movemento da man co que se marca cada un dos períodos musicais.
  4. s m MED Instrumento de medida utilizado en diversas exploracións médicas, especialmente nos diámetros pelvianos e craniais.
  5. levar o compás MÚS
    1. Axustarse ao compás.
    2. Marcar co brazo uns movementos correspondentes aos tempos dun compás.

Formas incorrectas

brúxula