compaña

< lat v *companĭa lat cum ‘con’ + pane ‘pan’
Plural: compañas
  1. s f Acción e efecto de acompañar.
  2. s f Circunstancia de ir acompañado.
  3. s f Que acompaña.
  4. s f Conxunto de persoas.
  5. compaña florística ECOL Conxunto de especies vexetais que forman parte da mesma comunidade.
  6. santa compaña ETN Procesión de almas en pena que saen do adro arredor das doce da noite e que percorren os camiños da parroquia. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

Citas

  • A todos nos gusta a súa compaña
  • Acudiu á festa en compaña de seu avó
  • O balbordo formábao unha compaña de estudiantes que celebraban a fin do curso
  • Os nosos fillos xa non viven na casa e os cans son a nosa única compaña

Refráns

  • A estopa onda o lume, acéndea o demo.
  • A formiga tamén quere a súa compañía.
  • A neve onda o fogo derrétese logo.
  • A que con mel trata, algo se lle pega.
  • A vaca que non come cos bois ou comeu antes ou come despois.
  • Achégate aos bos e serás un deles.
  • Achégate aos bos, se é que queres ser un deles.
  • Achégate aos malos e serás un de tantos.
  • Axuntar ouro con lama deixa as mans lixadas.
  • Axúntate aos bos e serás un deles.
  • Ben louco será o que con loucos se xunta e o que de loucos se fíe.
  • Burro sexa, quen con burro leirea.
  • Cada ovella coa súa parella / ca seu fato.
  • Cada ovella quere a súa parella.
  • Cada pardal ca seu igual.
  • Canto máis se desvía o año, dá máis grande topeñazo.
  • Chégate aos bos e serás un deles.
  • Comida feita, compaña desfeita.
  • Compaña de tres mala é.
  • Compaña de un, compaña de ningún.
  • Compaña, coa muller; e iso inda o hai que ver.
  • Con quen paces e non con que n naces.
  • Da mala. compaña fuxe e gárdate do ruxe ruxe.
  • Das malas compañas moitos perigos manan.
  • De persoa trapalleira fuxe á carreira.
  • Dime con que n vas e direiche o que farás.
  • Dime con quen andas e direiche as túas mañas.
  • Dime con quen andas e direiche o que falabas.
  • Dime con quen andas e direiche quen es.
  • Dime con quen irás e direiche o que farás.
  • Dime con quen tratas e direiche quen es e que costumes tes.
  • Dime con quen vas e direiche a onde irás.
  • Dime con quen vas e direiche o que falarás.
  • Dime con quen vas, direiche a onde irás.
  • Dime con quen ves e direiche as mañas que tes.
  • Duro con duro endexamais fixo bo muro.
  • Eu duro e ti duro ¿quen levará o maduro?
  • Máis vale soilo que mal acompañado.
  • Mal lle vai á cabezalla, cando a chavella se perde.
  • Mentres estou coa nai, non estou coa fina.
  • Non hai ola sen testo.
  • Non te arrimes aos señores nin ás varan das dos corredores.
  • O bo compañeiro fai o camiño máis lixeiro / fai a traballa máis lixeiro.
  • O diñeiro sempre foi o mellar compañeiro.
  • O que con rapaces se deita, lixado se ergue / sae.
  • O que é bo abade fai bo do mal sancristán.
  • O que entre lobos se mete, gandido sae.
  • O que se deita con cans, érguese con pulgas.
  • Onde paces e non ande naces.
  • Onde vai a corda que vaia o caldeiro.
  • Onde vai a fouce, vaia a mango.
  • Palla ao palleiro, galiñas ao galiñeiro.
  • Palla ao palleiro, vellas ao fiadeiro.
  • Perdido é que n con perdidos anda.
  • Polos TUíns pérdense os bos.
  • Quen ca demo anda, ca demo acaba.
  • Quen con lobos anda, a oubear aprende.
  • Quen con nenas se deita, cagado se ergue.
  • Quen con rapaces se deita, cheira.
  • Quen con rapaces se deita, lixado se ergue.
  • Se o lume está a be ira da estopa, lago o trasno asopra.
  • Ser bo entre os malos é moito traballo.
  • Tal para cal, Pedro para Xan.
  • Tales amigos temas, tal vida facemos.
  • Un bo romeiro quere un bo compañeiro.
  • Un louco fai un cento.
  • Un mal romeiro non quere outro por compañeiro.
  • Un só non é ninguén pero dous xa son alguén.
  • Vai un louco por ande vai outro.