compadre

< lat compātre ‘o que é pai xunto con outro’
Plural: compadres
  1. s m Padriño de bautizo ou de confirmación dunha persoa, con relación aos pais ou á madriña.
  2. s m Pai dunha persoa con relación aos padriños.
  3. s m fam Amigo moi achegado.
    1. s m Boneco de palla ao que se lle prende lume o xoves de Entroido.
    2. xoves de compadres Festa que se celebra en Galicia e noutras partes de Europa o xoves de Entroido e na que se enfrontan homes e mulleres por medio de cancións e un boneco de palla e trapos de sexo masculino.

Citas

  • Meu pai non quere ver diante o seu compadre
  • ¿E teu fillo por que non saúda o seu compadre?

Refráns

  • De compadre a compadre, nos ollos sangue.
  • ¿Como estades, comadre? -Ó voso servicio, señor compadre.