comisión

< lat commissĭōne ‘acción de confiar os xogos a alguén’
Plural: comisións
  1. s f Acción de cometer.
  2. s f Labor que se lle encomenda a alguén.
  3. s f Reunión de persoas delegadas temporalmente para facer algunha cousa ou tomar resolucións en nome dun grupo maior.
  4. s f Retribución que se cobra por realizar unha operación comercial, especialmente o intermediario nun negocio de compravenda.
  5. s f DER Cada un dos órganos administrativos de carácter colexial nos que está representado proporcionalmente un organismo máis numeroso.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • A asociación nomeou unha comisión para ir negociar co concello
  • Atribuíuselle a comisión do secuestro a un inocente
  • O embaixador recibiu a comisión de negociar un novo acordo de pesca
  • Os nosos vendedores reciben unha comisión do dez por cento