combinado -da

< combinar
Plural: combinados Masculino: combinado Masculino plural: combinados Feminino: combinada Feminino plural: combinadas
  1. p reg combinar.
  2. adx Que resulta de combinar distintos elementos para producir un determinado efecto.
  3. s m Bebida que se prepara combinando distintos licores, refrescos e outros ingredientes.
  4. s m BÉL Organización ou operación militar na que participan tropas procedentes de diversos estados ou de distintos corpos militares.
  5. prato combinado ALIM Prato no que se serven xuntos diversos alimentos e que constitúe unha comida completa.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • A acción combinada dos bombeiros e do exército decidiu o éxito da operación
  • É unha muller elegante e vai sempre ben combinada
  • No partido inaugural enfrontaranse o equipo local e un combinado internacional
  • O meu combinado favorito é a xenebra con tónica e limón
  • Os combinados de medicamentos resultan eficaces contra certas doenzas