cóctel

< ingl cocktail
Plural: cócteis
  1. s m ALIM Bebida realizada mediante a combinación de varias bebidas alcohólicas.
  2. s m Mestura de cousas.
  3. s m Reunión social onde se bebe cóctel, que xeralmente ten lugar ao mediodía ou á tarde.
  4. cóctel Molotov BÉL Artefacto incendiario para lanzar, que consiste nunha botella de líquido inflamable que ten trapos impregnados no mesmo combustible enrolados na boca que, unha vez acesos e logo de romperse o recipiente, prenden o resto.

Citas

  • Asistimos a un cóctel de presentación dun libro
  • Tiña no bolso un cóctel de cousas, desde un peite a unha goma de borrar

Palabras veciñas