sfConxunto único de números, letras ou signos que permite acceder a certos aparatos ou abrir mecanismos de seguridade.
sfPeza de vestir interior feminina que cobre desde os ombros ou a cintura ata o bordo da saia.
MAT
sfAgrupación de elementos na que só se ten en conta a distinción entre os elementos agrupados e non a orde na que se toman.
combinación con repeticiónTipo de combinación na que cada elemento pode repetirse calquera número de veces nunha mesma combinación.
sfQUÍMReacción química pola que dous ou máis elementos ou moléculas se xuntan para formar un composto único.
LING
sfFenómeno que, en glosemática, consiste en que dúas unidades compatibles no discurso non presentan ningún tipo de dependencia recíproca.
combinación fonemáticaSecuencia regular de fonemas, produto da distribución destes. A sílaba é a combinación fonemática máis elemental.
sfFenómeno de asimilación que consiste en que un son adquire algún trazo articulatorio do son próximo.
combinación circularARQUEOLGravado rupestre que reproduce círculos ou liñas curvas. Pode adoptar distintas formas, desde círculos concéntricos ata figuras abstractas.
combinación linealMATSuma de vectores dun espazo vectorial, multiplicados cada un deles por un determinado coeficiente escalar.