cofactor

< co- + factor
Plural: cofactores
  1. s m BIOQ Molécula pequena non proteica que se une aos encimas para que estes poidan levar a cabo a actividade catalítica. Poden ser ións metálicos ou moléculas orgánicas, que reciben o nome de coencimas.
  2. s m MAT Número que, dada unha matriz cadrada A e un elemento a ij desta, vén determinado pola expresión A ij =(-1) i+j detM ij , onde M ij é a matriz cadrada que resulta de omitir en A a fila i e a columna j.

Palabras veciñas