Auga que se prepara con lixivia ou deterxente que se lle bota á roupa para que branquee.
Acción de lavar a roupa con esa auga.
sfARTEArxila líquida que se bota nun molde para facer unha peza de cerámica.
XEOG
sfMasa rochosa que se separa en forma de capas, de mantos ou de correntes, no momento que se encontra en estado fluído ou semifluído e que se consolida posteriormente.
coada de lamaMasa de rocha sedimentaria formada por minerais de gran moi fino que, ao saturarse de auga, adquire a plasticidade suficiente para desprazarse en forma de fluído.
coada volcánicaMasa de lava que sae ao exterior a través dun cráter e que se estende pola súa pendente mantendo a temperatura suficientemente elevada para descender con fluidez.