coada

< coar
Pliral: coadas
  1. s f
    1. Auga que se prepara con lixivia ou deterxente que se lle bota á roupa para que branquee.
    2. Acción de lavar a roupa con esa auga.
  2. s f ARTE Arxila líquida que se bota nun molde para facer unha peza de cerámica.
  3. XEOG
    1. s f Masa rochosa que se separa en forma de capas, de mantos ou de correntes, no momento que se encontra en estado fluído ou semifluído e que se consolida posteriormente.
    2. coada de lama Masa de rocha sedimentaria formada por minerais de gran moi fino que, ao saturarse de auga, adquire a plasticidade suficiente para desprazarse en forma de fluído.
    3. coada volcánica Masa de lava que sae ao exterior a través dun cráter e que se estende pola súa pendente mantendo a temperatura suficientemente elevada para descender con fluidez.

Sinónimos

Citas

  • Foi facer a coada na fonte do lugar
  • Meteu a roupa na coada antes de a meter na lavadora