coacción

< lat coactĭone
Plural: coaccións
  1. s f Procedemento violento co que se obriga a alguén a facer ou dicir algunha cousa.
  2. s f DER Forza lexítima vinculada ao dereito, que permite o seu exercicio contra a oposición inxusta ou permite esixir o cumprimento das obrigas.
  3. s f DER Delito contra a liberdade da persoa que consiste en empregar, sen estar lexitimamente autorizado, violencia material ou moral sobre outro para obrigalo a facer o que non quere ou para impedirlle facer o que a lei non prohibe.
  4. s f SOCIOL Influencia que un grupo exerce sobre os membros do seu ámbito social e sobre o propio grupo, para que se someta ás leis e normas do grupo.

Confrontacións

Citas

  • Dimitiu do seu posto pola coacción á que o someteron

Palabras veciñas