ameaza

< lat v minacĭa mina ‘ameaza’
Plural: ameazas
  1. s f Acción de ameazar.
  2. s f Dito ou feito co que se anuncia a intención de lle facer dano a alguén.
  3. s f Anuncio dun perigo para algo.

Citas

  • A pesar das ameazas dos radicais non abandonou a política
  • A política económica do goberno supón unha ameaza para a estabilidade do país
  • As fortes chuvias destes días constituíron unha ameaza para a celebración das festas patronais
  • Os pasaxeiros do avión con destino a un país asiático recibiron ameazas de secuestro

Refráns

  • Can ladrador que non ten forza ¡ai, se se descoida!
  • Home avisado, medio asoballado.
  • Pedrada antes contada, moi poucas veces gañada.
  • Pois somos recueiros, no camiño nos atoparemos.
  • Quen ameaza e non dá, medo ha.
  • ¡XO, que te destrozo, bu a de meu sogro!

Palabras veciñas