clave

< lat clave ‘chave, pecho’
Plural: claves
  1. s f Conxunto de signos ou sinais cun significado concreto que só coñecen certas persoas e que é utilizado para un determinado fin.
  2. s f MÚS Signo que se coloca ao principio do pentagrama e que determina a altura exacta das notas dentro da escala musical.
  3. s f Aquilo que constitúe a explicación dunha cousa ou que permite comprendela.
  4. s f Aquilo que é o máis importante, imprescindible ou do que depende todo o demais no asunto que se trata.
  5. s f CONSTR Doela central que pecha un arco ou bóveda, co obxecto de lle dar estabilidade e permitir que se lle poida apartar a cimbra sobre a que se montou.
  6. clave analítica/de determinación BIOL Método práctico para chegar á identificación de exemplares de seres vivos.

Sinónimos

Citas

  • As pezas clave nesta investigación inda están por chegar
  • Creo que a clave da victoria estivo na inspiración do dianteiro
  • Mandámoslle unha mensaxe en clave
  • Non descifraron a mensaxe porque non sabían as claves