chave

< lat clave
Plural: chaves
    1. s f Peza de metal, de distintas formas e tamaños, que se introduce nun pecho para abrilo ou pechalo.
    2. chave mestra Chave que abre todos os pechos dun mesmo tipo de mecanismo.
  1. s f álvula que serve para abrir ou cerrar o paso dun líquido ou gas por un conduto. OBS: Tamén se denomina chave de paso.
  2. s f Peza dun circuíto eléctrico coa que se abre ou pecha o paso da corrente.
  3. s f Ferramenta que consiste nun mango ríxido acabado por un extremo ou polos dous, nunha forma que se axusta á cabeza dos parafusos ou das porcas para podelos apertar ou afrouxar.
  4. s f LING Signo ortográfico { } que serve para incluír conxuntos, reunir diversas subdivisións dunha materia ou dun concepto, diversas palabras ou liñas.
  5. s f Rama do coñecemento que cómpre coñecer e aprobar para poder pasar a outra.
  6. s f Aquilo que permite explicar algo ou resolvelo.
  7. s f Xogo popular que consiste en lanzar unhas pezas de metal redondas e planas e acertarlle a outra peza de metal máis grande, a chave, normalmente provista de aspas, que está fincada no chan a certa distancia.
  8. s f DEP Elemento técnico utilizado por un loitador para inmobilizar ou derrubar o adversario.
  9. s f Corda da que se tira para pechar a rede pola parte inferior e fai o copo ou bolsa nas redes de cerco.
  10. s f Atadura que se fai ao vincallo para atar os monllos.
  11. s f Madeiro do tear que impide que se mova o orgo.
  12. MÚS
    1. s f Peza metálica por medio da que se poden pechar e abrir os orificios de certos instrumentos de vento.
    2. s f Dispositivo mecánico que axuda aos dedos no control da abertura e peche dos orificios dun instrumento de vento.
    3. chave de afinar Peza de ferro cun orificio de forma poligonal nun dos seus extremos que, adaptado ás caravillas do piano e da arpa, serve para temperalos.
  13. chave abrazadeira ARQUIT Pedra que pecha e asegura unha bóveda ou un arco arquitectónico.
  14. sistema de chave-pechadura BIOQ Mecanismo de recoñecemento encimático que establece que a especificidade dun encima (pechadura), polo seu substrato (chave), procede das súas formas xeometricamente complementarias.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • A simpatía é a chave do seu éxito coas rapazas
  • Fixéronme mal a copia da chave e non dou aberta a pechadura
  • Fíxolle unha chave de judo que o deixou totalmente inmóbil
  • Teño que aprobar esta materia pois é a chave para poder estudiar o que eu quero

Frases feitas

  • Baixo chave. Nun lugar pechado con chave.
  • Baixo sete chaves. Gardar algo en lugar seguro.
  • Botar a chave. Pechar. Chaves do ceo/chaves de San Pedro. Chaves simb

Refráns

  • A chave custa pouco, pero vale moito.
  • As chaves na cinta e o can na cociña.
  • Ben boa é a chave que tódalas portas abre.
  • Dade ao demo a chave que tódalas portas abre.
  • O que ten a chave, cando quere, abre.
  • ¡Dou ao demo a chave que tódalas portas abre