clan

< célt clann ‘fillo’
Plural: clans
  1. s m ANTROP/CULT Grupo de parentesco unilineal, superior á familia, que forma a estrutura básica da maior parte das sociedades non organizadas en estados.
  2. s m Grupo organizado e pouco accesible de persoas unidas por un interese común.

Confrontacións

Citas

  • Forman un clan case que impenetrable
  • O clan dos irlandeses de Nova York ten moito poder