cladosporiose

< lat científico Cladosporium, xénero de fungos + -ose
Plural: cladosporioses
  1. s f BOT Enfermidade fúnxica producida por fungos do xénero Cladosporium, que afecta a algunhas plantas cultivadas.
  2. PAT
    1. s f Micose ocasionada por fungos do xénero Cladosporium.
    2. cladosporiose cutánea Micose orixinada polo fungo Cladosporium wermecki, moi frecuente en África, que afecta sobre todo ás mans dos pacientes. OBS: Tamén se denomina tiña negra.