cizallamento

< cisalla
Plural: cizallamentos
  1. TECNOL
    1. s m Acción de cizallar.
    2. s m Efecto dun esforzo que actúa sobre a sección transversal dun corpo e que se manifesta pola tendencia con que esta sección escorrega respecto á contigua e que pode chegar a provocar a rotura da peza.
    3. ensaio de cizallamento Proba para determinar a resistencia dun material ao cizallamento.
    4. esforzo de cizallamento Compoñente, nun corpo sometido a certo estado de carga, da resultante destes esforzos que actúa sobre unha sección transversal do corpo e tende a facela escorregar respecto da contigua.
  2. liña de cizallamento METEOR Perturbación cinemática da circulación intertropical que marca unha forte discontinuidade na velocidade e na dirección dos ventos.

Palabras veciñas