smEfecto dun esforzo que actúa sobre a sección transversal dun corpo e que se manifesta pola tendencia con que esta sección escorrega respecto á contigua e que pode chegar a provocar a rotura da peza.
ensaio de cizallamentoProba para determinar a resistencia dun material ao cizallamento.
esforzo de cizallamentoCompoñente, nun corpo sometido a certo estado de carga, da resultante destes esforzos que actúa sobre unha sección transversal do corpo e tende a facela escorregar respecto da contigua.
liña de cizallamentoMETEORPerturbación cinemática da circulación intertropical que marca unha forte discontinuidade na velocidade e na dirección dos ventos.