smConxunto de todos os puntos dun plano que cumpren que a distancia a un punto fixo é igual a un segmento dado, denominado raio.
círculo goniométricoCircunferencia de raio unidade en que o centro é a orixe dun sistema de coordenadas cartesianas. Emprégase para definir as razóns trigonométricas dun ángulo.
círculo de curvatura/osculadorCírculo en que o seu centro e o seu raio son o centro e o raio de curvatura dunha curva nun punto dado.
cuadratura do círculoDeterminación da superficie dun cadrado que equivale á dun círculo dado.
smLiña curvada en forma de circunferencia ou aproximada a unha circunferencia.
smGrupo de persoas que comparten unha determinada actividade ou afección.
sm plConxunto das persoas ou das cousas que forman o ambiente ou co que se ten unha ligazón.
sm
Asociación de carácter cultural, recreativo ou deportivo sen ánimo de lucro.
círculo de obras católicasPOLÍTAgrupación confesional de traballadores do s XIX que procuraba atender as necesidades relacionadas cos seguros mutuos, a instrución, e a cooperación, ademais da formación relixiosa, dirixida por un crego consiliario.
METROL
círculo acimutalAparato que se usa a bordo dunha embarcación para calcular a marcación doutro barco, dun punto da costa ou o acimut dun astro.
círculo de reflexiónInstrumento astronómico e náutico que se usa para observar as alturas dos astros e para medir ángulos horizontais e verticais.
círculo meridianoTelescopio adaptado para medir a posición e a hora de paso das estrelas polo meridiano, que consiste nunha lente que se move no plano do meridiano do observador.
círculo muralInstrumento que se usaba antigamente para medir a declinación das estrelas e que consistía nunha lente que podía xirar ao redor dun eixe horizontal fixado moi solidamente nunha parede vertical.
círculo circuncenitalMETEORFenómeno de halo que consiste nun círculo de 4° ata 30° de raio, que ten o seu centro no cénit.
círculo de razasBIOLConxunto de subespecies ou de razas que forman unha especie politípica.
círculo de vexetaciónXEOL/BOTUnidade superior da sistematización fitosociolóxica que inclúe a totalidade de unidades inferiores que viven nunha rexión bioxeográfica determinada.
círculo líticoPREHISTConstrución megalítica que está formada pola disposición en círculos de pedrafitas ou menhires.
círculo máxicoCírculo debuxado na terra, en cuxo centro se coloca o mago para invocar e conxurar os espíritos.
círculo polarXEOGParalelo terrestre situado a 23° 28’ do Polo Norte (CírculoPolarÁrtico) e do Polo Sur (CírculoPolarAntártico), é dicir, a unha latitude de 66° 32’ N e S.
círculo vicioso
Razoamento ou definición co que se tenta explicar dúas cousas reciprocamente, unha por outra.
p extSituación que non se pode resolver xa que existen dúas circunstancias que son á vez causa e efecto unha da outra.