circasiano -na

Plural: circasianos Masculino: circasiano Masculino plural: circasianos Feminino: circasiana Feminino plural: circasianas
  1. adx Relativo ou pertencente aos circasianos ou á súa lingua.
  2. s ETN/HIST Individuo pertencente ao pobo circasiano.
  3. s m pl ETN/HIST Pobo caucásico que antigamente poboaba a Circasia. Estaban repartidos entre as repúblicas federadas rusas dos Kabardíns e dos Balkares, de Adiguesia, dos Karachas e dos Cherkeses, e nos estados de Turquía e Siria.
  4. s m LING Antiga lingua caucásica falada polo pobo circasiano que, desde a dispersión dos seus integrantes, foi perdendo unidade ata converterse en tres linguas relativamente diferenciadas: o adigueo, o cherkés e o kabardino.

Palabras veciñas