ciencia

< lat scientia ‘coñecemento’
Plural: ciencias
    1. s f Sistema ou conxunto de coñecementos, que intentan ser obxectivos, sobre a natureza e os seus fenómenos. Son elaborados a partir da observación, a experimentación e a utilización de teorías. Aspira a formular as leis que rexen os fenómenos. Caracterízase pola capacidade de facer previsións (exactas) sobre unha parte da realidade.
    2. ciencias aplicadas Ciencias que empregan os resultados científicos ao servizo das aplicacións técnicas.
    3. ciencias exactas matemática.
    4. ciencias humanas Expresión empregada para as ciencias sociais, a filosofía, a historia e tamén o dereito e a psicoloxía individual.
    5. ciencias naturais Ciencias que teñen por obxecto o estudo da natureza nas súas distintas facetas e que engloba a física, a química, a bioloxía e a xeoloxía.
    6. ciencias puras Parte do saber científico que ten por obxecto o coñecemento da realidade. Engloba a lóxica e a matemática.
    7. ciencias sociais Disciplinas que teñen como obxecto de estudo as estruturas e procesos sociais, económicos e políticos.
  1. s f Cada departamento de coñecementos sistematizados considerado como campo de investigación ou obxecto de estudo.
  2. s f Conxunto de coñecementos dunha persoa.
  3. s f pl Conxunto das ciencias baseadas principalmente no cálculo e na observación, en oposición ás letras.
  4. árbore da ciencia do ben e do mal RELIX Árbore do Paraíso que tiña os froitos que Deus prohibira comer a Adán e Eva.
  5. ciencia ficción LIT/IMAX Xénero literario e cinematográfico baseado en ingredientes de carácter extraordinario razoables pola imaxinación e centrados no desenvolvemento das posibilidades atribuídas á técnica e á ciencia.
  6. ciencias da educación EDUC Disciplina científica que, segundo M. Röhrs (1969), se basea en resultados científicos comprobados e toma en consideración os resultados e métodos das ciencias afíns, tentando clarificar a realidade educativa.
  7. ciencias da información COMUN Disciplina científica que se encarga do estudo e tratamento da información.
  8. ciencias da linguaxe FILOL Conxunto de disciplinas que estuda os diversos aspectos da linguaxe.
  9. ciencias do comportamento/da conduta PSIC Ciencias que investigan o comportamento humano e, ás veces, tamén o animal.
  10. ciencias ocultas Coñecementos relativos á conexión entre distintos fenómenos da natureza que non son comprobables cientificamente.

Sinónimos

Citas

  • A ciencia física incorpora coñecementos da ciencia matemática
  • Construíron unha nova facultade de ciencias no campus
  • Non estudiou, pero todos estes anos traballando coa fotografía déronlle moita ciencia no seu oficio

Refráns

  • A ciencia é o alimento do espirito.
  • A ciencia quere prudencia e experiencia.
  • Con pouca ciencia e moita conciencia terás coñecencia da túa sabencia.
  • Non hai ciencia contra a experiencia.

Palabras veciñas